29/11/07

MAGOSTO

Magosto no Laxeiro
O mércores 28 de novembro celebrouse nas dúas últimas horas unha venta de castañas e bombóns no patio, acompañada dunha actuación da xa famosa charanga "E Veña Viño " do IES Laxeiro, que segue co mesmo repertorio de sempre, pero é que ós pobres no lles dá a cabeza para máis. Cómpre dicir que non foron moitas as ventas, pero aínda así o ambiente de alegría víase (e escoitábase) dende lonxe. Como exemplo disto temos un comentario dun amigo meu que me dixo pola tarde: "Escoitábasevos dende o parking Europa". E que iría facer el alí?
Ben, as vendas non foron moi elevadas, pero o importante foi que o pasamos todos moi ben (e ademais perdemos clase). Como pon arriba, o repertorio da charanga foi o mesmo de sempre "se e que non teñen tempo para facer imnovacións). Pero de seguro que nas próximas actuacións nos van deleitar cun novo e mellorado.
Un saúdo para tod@s!!!!


Esta foto é da boina que tiñan os da charanga para que
a xente botara o soldo do mes. Vaia cara que teñen!

23/11/07

EXCURSIÓN A FUNDACIÓN CAMILO JOSE CELA


Fundación Camilo José Cela
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO realizaron unha excursión á Fundación Camilo Jose Cela en Iria Flavia, Padrón. Primeiro fixeron unha visita á Fundación Cela e logo ao Museo do Tren, na honra do avó do escritor. Na primeira chamaban a atención as sedas xaponesas con debuxos que, por definilos dalgún xeito, "eran para maiores de 18 anos", por erótico-pornográficos. Do éxito que tiveron dá conta unha das fotos, e se non me credes preguntade aos alumnos que foron a excursión!

16/11/07

NOVA XORNADA DE LIGA

LIGA LAXEIRO
Onte, 15 de novembro, celebráronse varios partidos:
-Craks vs Killers F: 4-6
-Os Intocables vs Os Outros: 3-4
-Bulls F.S vs Chacaritas: 4-9
-Sanders F.C vs Os Rochados: 5-4
COMENTARIO:
Bulls F.S vs Chacaritas.
Para comezar dicir que un partido non se pode arbitrar dende cerca da esquina de córner e non se mover do sitio, arbitrando por ciencia infusa. Aínda que o pichichi dos Bulls (Blanquiño) estivese lesionado, conseguiron aguantar a primeira metade, pero na segunda xa se comezou a notar o cansazo. Moitos dos goles na porta dos Bulls debéronse a que o porteiro se encontraba só e no ataque dos Chacaritas subían de 3 en 3.

9/11/07

KACHARELA CIENTÏFICA

Nova Kacharela Científica.

Esta nova Kacharela está creada por petición de algunhas persoas ( Juanjo,Xose López, Jose Manuel poza, Sebas García ...).
Foi creada para expoñer cuestións, artigos, curiosidades e outras moitas cousas relacionadas coa ciencia e derivados.
Esperamos que teña tanta participacón como a orixinal.
En breve sacaremos outras seccións.

Aqui tedes a páxina: kacharela cientifica

LIGA LAXEIRO


LIGA DO LAXEIRO:
Onte xoves 8 de novembro disputáronse os seguintes partidos:
- Jozofellos vs Os Outros: 5-8
-Os Pancholos vs Os Rochados: 12-3
-Craks vs Os Intocables: 5-8
-Antiprofes vs Sanders F.C: 10-0

8/11/07

EXCURSION FIN DE CURSO

Todas as persoas interesadas en colaborar con esta excursión poderán facelo de diversas formas. Ao longo do curso irémolas poñendo aquí. Por exemplo:
-Doando cartos directamente aos alumnos de cuarto
-doando cartuchos de tinta usados
Grazas pola vosa colaboración!

6/11/07

ESCOLA DE GAITAS



Concerto de Horacio Cabezas, profesor da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra
O
pasado día 16 de outubro realizouse no salón de actos do Laxeiro un interesante concerto de variados instrumentos folk : frautas, tambores, gaita electrica, culleres...
Espero que disfrutarades todos os profesores e alumnos que asististes a el. Para os que non foron, aqui tedes unhas fotos.

Mini Biblioteca


Que Ambientazo!!!

N
on sei se teredes a mesma impresión ca min pero creo que
isto queda un pouco pequeno...
No inverno non está mal porque xa se sabe, cando hai roze non
hai frío.
Eu non sei a que se debe esta situación, pero eu supoño ( e non
creo que me engane moito ) que se debe a que os alumnos
non fan os deberes na casa e nos recreos éntralles a présa.
Non o credes así?
A
traballar máis na casa rapaces que senón non collemos todos!!