6/6/08

O vídeo do concurso INFOFALA

estamos no momento
queda nada
este días fallarase o Concurso Infofala, para todos os centros educativos da bisbarra
Non hai favoritos
hai creadores
Aquí podes ver o vídeo que o alumnado de 4º ESO presentou ó Infofala
Está en Youtube

30/5/08

Gozada de Festival!!!!!!

O venres 30 de maio do 2008 será recordado nos anais do IES laxeiro como o día no que se celebrou o I Festival das Letras Galegas-Fin de curso.Cun "ambientaso" colosal, cunha implicación como poucas veces se ten visto por parte de todos, cunha montaxe que deu o seu traballo (pero que compensou amplamente as penalidades) e cun resultado do que gozou todo o mundo, o Festival parece ter o futuro asegurado. A hora e media que se lle dedicou foi intensa, quedou escasa. Aínda chovendo, todos tiñan ganas de máis (incluso os que estaban de pé). Pois apuntarse para o vindeiro curso, home!!
Pero como calquera imaxe serve mellor que centos de palabras, aí vos vai unha pequena mostra. Noraboa a todos, especialmente aos que actuaron, con Alba Vázquez de grande triunfadora polos moitos aplausos colleitados e o "bis" final.
PREMIOS:
categoría A: individual e parella:
1º.-Alba Vázquez (2º ESO B) (Cunha versión ao galego de "El sol no regresa")
2º.-Pedro A. Agostini (3º ESO A) (Con 5 solos de guitarra eléctrica)
3º.-Laura Viana (1º ESO A) (Cunha versión de "CAl y Arena" de Merche)
categoría B: grupo de máis de dous:
1º.-Os do Parkour (Acrobacia urbana)
2º.-Tomá-tomá-tomá (concurso parodia sobre músicas tradicionais)
3º.-Os Cantamañás (cancións folk)Alba Vázquez puxo en pé ao público coa súa actuación.
As presentadoras: simplemente perfectas.
Laura Viana encandilou totalmente ao público coa súa fermosa voz.
Cantamañás: coa mellor tradición folk, levaron un premio.
Non podía faltar o baile. E non o fixeron nada mal!
Tomá-tomá-tomá, ou o que é o mesmo: "showman Carliños e tropa" facendo das súas.
Os do Parkour foron a grande sorpresa do festival!Os profes tamén lle deron, ai logo!

28/5/08

Xosé Miranda e outras aventuras

A actividade extraescolar de Normalización Lingüística O ESCRITOR NO SEU CONTORNO, dedicada este curso ao narrador lucense Xosé Miranda, tivo a súa culminación (pois antes leramos a súa obra) na visita á cidade das murallas o luns 26 de maio. Contando coa experiencia e sabiduría do autor de Morning Star, que exerceu de cicerone, visitamos o Museo provincial, percorremos a Muralla Romana, e escoitamos de primeira mao esa mestura de realidade e ficción que amosa nas súas novelas. Foi unha mañá, digámolo así, plena.Pero a tarde non quedou atrás. Iso si, sempre acompañados da choiva, como se quixese deixar en nós unha fonda pegada. E vaia se a deixou. As imaxes falan soas.Castro de Viladonga: vídeo, museo e percorrido pola coroa do castro sen deixar de caer auga.O Cebreiro: pallozas, igrexa e poboado prerromano, sempre chovendo sobre mollando.Camiño de Santiago: cando entre Renche e o mosteiro de Samos parecía que escampaba, botárona a baldes. Pero nin sequera "os elementos" foron quen de escorrentar a esta tropa de aventureiros pouco preparados (todo hai que dicilo) para o bulleiro.
En fin, que foi unha magnífica xornada de aprendizaxe.

21/5/08

Éxito en You Tube: Chiqui Resaicling

Xa fai furor en You Tube o último, que non derradeiro, éxito do alumnado do IES Laxeiro: Chiqui Resaicling. Participando no Infofala (concurso de Normalización Lingüística do Deza no que están a participar), o grupo de rapeiros formado por Iolanda, Alex, Carlos, Serxio, Adán e Poza coa cámara, todos eles de 4º ESO, fan unha proposta rachadora e moi ecolóxica. Podes velo nesta páxina: http://es.youtube.com/watch?v=MZ9EL6lsSKQ

18/4/08

UNHA FLOR, SI

Que opinas ti disto? A foto foi feita na entrada do IES. Á parte do papel de chicle tiña unha cabicha de cigarro.

¿Queredes deixar mensaxe a quen fixo isto? Non vos cortedes, ela tampouco o fixo



(Nrrmalmente podes ver ampliada a foto con dobre toque)

Fallo do Concurso de Carteis Enxebres

Reunido o xurado, decidiu os seguintes premios:
CATEGORÍA A: Carteis con apoio fotográfico:
1º Premio: Nº 28: "A 8ª marabilla do mundo: o galego".
Autor: J. Anxo Ayude Fernández, de 3º B.2º Premio: Nº 32: "Marca un gol en favor do galego".
Autor: Xoán Fernández Reboredo, de 3º C.3º Premio: Nº 38: "Divertido, bonito, orixinal, o galego tenos por igual".
Autora: Patricia Vázquez Gil, de 3º D.CATEGORÍA B: Carteis sen apoio fotográfico:
1º Premio: Nº 5: "Día e noite en galego".
Autora: Jenifer Fernández Rodríguez, de 3º B.2º Premio: Nº 43: "Riza no rizo co galego".
Autora: Marta Galego Cagide, de 4º C.3º Premio: Nº 22: "Galego forever".
Autor: Rodrigo Vázquez Blanco, de 4º C.

12/4/08

O concurso de Carteis, exposto

No primeiro andar do Edificio A do IES Laxeiro figura a exposición que para o Concurso de Carteis relacionados coa Lingua Galega realizou o alumnado de Plástica. Coordinado por Arancha e co apoio de Normalización Lingüística, nos próximos días o Xurado emitirá o seu veredicto. De inicio comprobamos que non vai resultar doado de resolver, dada a cantidade e calidade dos traballos. Deles ofrecemos unha pequena mostra.

O Festival, en marcha

Púxose en marcha a novidade para este curso, O Festival das Letras Galegas-Fin de Curso do IES Laxeiro. Para o 30 de Maio, venres.
Agora só queda que se apunten os artistas. No cartel figura canta información se precisa.

15/3/08

Avionando?

O xoves 14 de Marzo será recordado no IES Laxeiro pola actividade celebrada no ximnasio. Trátábase de confeccionar avións de papel e participar nun concurso-competición no que se medían varios parámetros, entre eles a distancia percorrida. Ata aí todo claro. Pero logo resultou que, por diferentes causas, non todo saíu como se agardaba.
Algunhas das preguntas que todos nos facemos son: Hai que modificar a normativa de Actividades? Hai que seleccionalas mellor? Hai que intentar implicar máis ao profesorado e ao alumnado? Debe participar só ao alumnado ao que lle interese? Que se pode facer para mellorar ou que non se repita o que ven pasando con excesiva frecuencia?
(esta noticia foi modificada nos seus termos por indicación do profesorado, ao que lle agradecemos a suxestión)

Premiados:

-Pedro Agostini: (distancia)
-Jesús Brey :(duración)

Asesor técnico en aviónica: J Manuel Poza


12/3/08

CENTENARIO DE LAXEIRO


Con motivo da celebración do centenario do nacemento do pintor lalinense Laxeiro (si, o que lle deu nome o instituto) realizouse unha exposicion no corredoiro de exposicións do instituto que recolle os famosismos Monos de Laxeiro, na que se recolle unha ampla colección de caricaturas cos seus comentarios da época (1928-30)

Vos podedes votar a caricatura que mais vos gusta aqui, que é a nova web do IES.

Espero que pasedes pola exposición que lle botedes unha ollada, (e votedes as mellores!)

Tamen podedes ver outras obras de Laxeiro en foto.

-O pé de foto desta imaxe é: --"Din que vosté os saca moi ben. A ver se é capaz de sacar ao meu compadre da taberna"--


Un saúdo a tod@s