A actividade extraescolar de Normalización Lingüística O ESCRITOR NO SEU CONTORNO, dedicada este curso ao narrador lucense Xosé Miranda, tivo a súa culminación (pois antes leramos a súa obra) na visita á cidade das murallas o luns 26 de maio. Contando coa experiencia e sabiduría do autor de Morning Star, que exerceu de cicerone, visitamos o Museo provincial, percorremos a Muralla Romana, e escoitamos de primeira mao esa mestura de realidade e ficción que amosa nas súas novelas. Foi unha mañá, digámolo así, plena.
Pero a tarde non quedou atrás. Iso si, sempre acompañados da choiva, como se quixese deixar en nós unha fonda pegada. E vaia se a deixou. As imaxes falan soas.
Castro de Viladonga: vídeo, museo e percorrido pola coroa do castro sen deixar de caer auga.
O Cebreiro: pallozas, igrexa e poboado prerromano, sempre chovendo sobre mollando.
Camiño de Santiago: cando entre Renche e o mosteiro de Samos parecía que escampaba, botárona a baldes. Pero nin sequera "os elementos" foron quen de escorrentar a esta tropa de aventureiros pouco preparados (todo hai que dicilo) para o bulleiro.
En fin, que foi unha magnífica xornada de aprendizaxe.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiRO4S1mj_N8KtVD9-nX3WH4Uqq4tNmS7jxp6fV1uNImOOqszEAWHVCz3Ygk3Jf3MNYuESNhQ6yQ4X5gCfucCFZs7LplpBTFVuvXnXXWHSm32EYshgsNYoYqkmC6K1fPKUCG8kW_G4ehuZ9/s400/collage.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario