O venres 30 de maio do 2008 será recordado nos anais do IES laxeiro como o día no que se celebrou o I Festival das Letras Galegas-Fin de curso.Cun "ambientaso" colosal, cunha implicación como poucas veces se ten visto por parte de todos, cunha montaxe que deu o seu traballo (pero que compensou amplamente as penalidades) e cun resultado do que gozou todo o mundo, o Festival parece ter o futuro asegurado. A hora e media que se lle dedicou foi intensa, quedou escasa. Aínda chovendo, todos tiñan ganas de máis (incluso os que estaban de pé). Pois apuntarse para o vindeiro curso, home!!
Pero como calquera imaxe serve mellor que centos de palabras, aí vos vai unha pequena mostra. Noraboa a todos, especialmente aos que actuaron, con Alba Vázquez de grande triunfadora polos moitos aplausos colleitados e o "bis" final.
PREMIOS:Pero como calquera imaxe serve mellor que centos de palabras, aí vos vai unha pequena mostra. Noraboa a todos, especialmente aos que actuaron, con Alba Vázquez de grande triunfadora polos moitos aplausos colleitados e o "bis" final.
categoría A: individual e parella:
1º.-Alba Vázquez (2º ESO B) (Cunha versión ao galego de "El sol no regresa")
2º.-Pedro A. Agostini (3º ESO A) (Con 5 solos de guitarra eléctrica)
3º.-Laura Viana (1º ESO A) (Cunha versión de "CAl y Arena" de Merche)
categoría B: grupo de máis de dous:
1º.-Os do Parkour (Acrobacia urbana)
2º.-Tomá-tomá-tomá (concurso parodia sobre músicas tradicionais)
3º.-Os Cantamañás (cancións folk)Alba Vázquez puxo en pé ao público coa súa actuación.
As presentadoras: simplemente perfectas.
Laura Viana encandilou totalmente ao público coa súa fermosa voz.
Cantamañás: coa mellor tradición folk, levaron un premio.
Non podía faltar o baile. E non o fixeron nada mal!
Tomá-tomá-tomá, ou o que é o mesmo: "showman Carliños e tropa" facendo das súas.
Os do Parkour foron a grande sorpresa do festival!Os profes tamén lle deron, ai logo!