6/6/08

O vídeo do concurso INFOFALA

estamos no momento
queda nada
este días fallarase o Concurso Infofala, para todos os centros educativos da bisbarra
Non hai favoritos
hai creadores
Aquí podes ver o vídeo que o alumnado de 4º ESO presentou ó Infofala
Está en Youtube

30/5/08

Gozada de Festival!!!!!!

O venres 30 de maio do 2008 será recordado nos anais do IES laxeiro como o día no que se celebrou o I Festival das Letras Galegas-Fin de curso.Cun "ambientaso" colosal, cunha implicación como poucas veces se ten visto por parte de todos, cunha montaxe que deu o seu traballo (pero que compensou amplamente as penalidades) e cun resultado do que gozou todo o mundo, o Festival parece ter o futuro asegurado. A hora e media que se lle dedicou foi intensa, quedou escasa. Aínda chovendo, todos tiñan ganas de máis (incluso os que estaban de pé). Pois apuntarse para o vindeiro curso, home!!
Pero como calquera imaxe serve mellor que centos de palabras, aí vos vai unha pequena mostra. Noraboa a todos, especialmente aos que actuaron, con Alba Vázquez de grande triunfadora polos moitos aplausos colleitados e o "bis" final.
PREMIOS:
categoría A: individual e parella:
1º.-Alba Vázquez (2º ESO B) (Cunha versión ao galego de "El sol no regresa")
2º.-Pedro A. Agostini (3º ESO A) (Con 5 solos de guitarra eléctrica)
3º.-Laura Viana (1º ESO A) (Cunha versión de "CAl y Arena" de Merche)
categoría B: grupo de máis de dous:
1º.-Os do Parkour (Acrobacia urbana)
2º.-Tomá-tomá-tomá (concurso parodia sobre músicas tradicionais)
3º.-Os Cantamañás (cancións folk)Alba Vázquez puxo en pé ao público coa súa actuación.
As presentadoras: simplemente perfectas.
Laura Viana encandilou totalmente ao público coa súa fermosa voz.
Cantamañás: coa mellor tradición folk, levaron un premio.
Non podía faltar o baile. E non o fixeron nada mal!
Tomá-tomá-tomá, ou o que é o mesmo: "showman Carliños e tropa" facendo das súas.
Os do Parkour foron a grande sorpresa do festival!Os profes tamén lle deron, ai logo!

28/5/08

Xosé Miranda e outras aventuras

A actividade extraescolar de Normalización Lingüística O ESCRITOR NO SEU CONTORNO, dedicada este curso ao narrador lucense Xosé Miranda, tivo a súa culminación (pois antes leramos a súa obra) na visita á cidade das murallas o luns 26 de maio. Contando coa experiencia e sabiduría do autor de Morning Star, que exerceu de cicerone, visitamos o Museo provincial, percorremos a Muralla Romana, e escoitamos de primeira mao esa mestura de realidade e ficción que amosa nas súas novelas. Foi unha mañá, digámolo así, plena.Pero a tarde non quedou atrás. Iso si, sempre acompañados da choiva, como se quixese deixar en nós unha fonda pegada. E vaia se a deixou. As imaxes falan soas.Castro de Viladonga: vídeo, museo e percorrido pola coroa do castro sen deixar de caer auga.O Cebreiro: pallozas, igrexa e poboado prerromano, sempre chovendo sobre mollando.Camiño de Santiago: cando entre Renche e o mosteiro de Samos parecía que escampaba, botárona a baldes. Pero nin sequera "os elementos" foron quen de escorrentar a esta tropa de aventureiros pouco preparados (todo hai que dicilo) para o bulleiro.
En fin, que foi unha magnífica xornada de aprendizaxe.

21/5/08

Éxito en You Tube: Chiqui Resaicling

Xa fai furor en You Tube o último, que non derradeiro, éxito do alumnado do IES Laxeiro: Chiqui Resaicling. Participando no Infofala (concurso de Normalización Lingüística do Deza no que están a participar), o grupo de rapeiros formado por Iolanda, Alex, Carlos, Serxio, Adán e Poza coa cámara, todos eles de 4º ESO, fan unha proposta rachadora e moi ecolóxica. Podes velo nesta páxina: http://es.youtube.com/watch?v=MZ9EL6lsSKQ

18/4/08

UNHA FLOR, SI

Que opinas ti disto? A foto foi feita na entrada do IES. Á parte do papel de chicle tiña unha cabicha de cigarro.

¿Queredes deixar mensaxe a quen fixo isto? Non vos cortedes, ela tampouco o fixo



(Nrrmalmente podes ver ampliada a foto con dobre toque)

Fallo do Concurso de Carteis Enxebres

Reunido o xurado, decidiu os seguintes premios:
CATEGORÍA A: Carteis con apoio fotográfico:
1º Premio: Nº 28: "A 8ª marabilla do mundo: o galego".
Autor: J. Anxo Ayude Fernández, de 3º B.2º Premio: Nº 32: "Marca un gol en favor do galego".
Autor: Xoán Fernández Reboredo, de 3º C.3º Premio: Nº 38: "Divertido, bonito, orixinal, o galego tenos por igual".
Autora: Patricia Vázquez Gil, de 3º D.CATEGORÍA B: Carteis sen apoio fotográfico:
1º Premio: Nº 5: "Día e noite en galego".
Autora: Jenifer Fernández Rodríguez, de 3º B.2º Premio: Nº 43: "Riza no rizo co galego".
Autora: Marta Galego Cagide, de 4º C.3º Premio: Nº 22: "Galego forever".
Autor: Rodrigo Vázquez Blanco, de 4º C.

12/4/08

O concurso de Carteis, exposto

No primeiro andar do Edificio A do IES Laxeiro figura a exposición que para o Concurso de Carteis relacionados coa Lingua Galega realizou o alumnado de Plástica. Coordinado por Arancha e co apoio de Normalización Lingüística, nos próximos días o Xurado emitirá o seu veredicto. De inicio comprobamos que non vai resultar doado de resolver, dada a cantidade e calidade dos traballos. Deles ofrecemos unha pequena mostra.

O Festival, en marcha

Púxose en marcha a novidade para este curso, O Festival das Letras Galegas-Fin de Curso do IES Laxeiro. Para o 30 de Maio, venres.
Agora só queda que se apunten os artistas. No cartel figura canta información se precisa.

15/3/08

Avionando?

O xoves 14 de Marzo será recordado no IES Laxeiro pola actividade celebrada no ximnasio. Trátábase de confeccionar avións de papel e participar nun concurso-competición no que se medían varios parámetros, entre eles a distancia percorrida. Ata aí todo claro. Pero logo resultou que, por diferentes causas, non todo saíu como se agardaba.
Algunhas das preguntas que todos nos facemos son: Hai que modificar a normativa de Actividades? Hai que seleccionalas mellor? Hai que intentar implicar máis ao profesorado e ao alumnado? Debe participar só ao alumnado ao que lle interese? Que se pode facer para mellorar ou que non se repita o que ven pasando con excesiva frecuencia?
(esta noticia foi modificada nos seus termos por indicación do profesorado, ao que lle agradecemos a suxestión)

Premiados:

-Pedro Agostini: (distancia)
-Jesús Brey :(duración)

Asesor técnico en aviónica: J Manuel Poza


12/3/08

CENTENARIO DE LAXEIRO


Con motivo da celebración do centenario do nacemento do pintor lalinense Laxeiro (si, o que lle deu nome o instituto) realizouse unha exposicion no corredoiro de exposicións do instituto que recolle os famosismos Monos de Laxeiro, na que se recolle unha ampla colección de caricaturas cos seus comentarios da época (1928-30)

Vos podedes votar a caricatura que mais vos gusta aqui, que é a nova web do IES.

Espero que pasedes pola exposición que lle botedes unha ollada, (e votedes as mellores!)

Tamen podedes ver outras obras de Laxeiro en foto.

-O pé de foto desta imaxe é: --"Din que vosté os saca moi ben. A ver se é capaz de sacar ao meu compadre da taberna"--


Un saúdo a tod@s

27/2/08

A LIGA CADA VEZ MÁIS AXUSTADA

Non nos referimos á Liga de Fútbol entre o Madrid e o Barça.

Referímonos á Liga do Laxeiro. Os empates e os resultados axustados son cada vez máis frecuentes, e xa non hai equipos pequenos. A liguiña final que xoguen os ... mellores clasificados vai estar moi competida

O xoves 28 de febreiro mediránse as forzas e os folgos outra vez estes equipos. Calquera resultado pode ser decisivo para a clasificación final. Acudide se queredes ver espectáculo...

EQUIPO


Clas.

Antiprofes

13

2º> 1º

Rochados

8

4º>5º




Chacaritas

3

5º>3º

Killers

0

11º-11




Sanders

3

6º-6º

Cracks

0

7º-7º




Catástrofes

3

9º>10º

Intocables

18

10º>9º








E se queredes ver espectáculo con balóns, mirade este vídeo.
A traducción sería: "Habilidades futboleiras que pagan facturas".

Aprende, Aitor!!

20/2/08

FALLO do Xurado do CONCURSO FOTOGRÁFICO

Xurado:

Alumnado (de 4º da ESO): Alex Domínguez, Carlos Vilardefrancos, X.Manuel Poza, Francisco Dobarro, Alba Cuñarro e Paula Taboada
Profesor membro da Dirección: Moisés Amado

Profesora de Plástica: Arancha Diñeiro
Profesor membro de
Normalización Lingüística: Xabier Quiroga
PREMIADOS por Categoría:
CATEGORÍA A: para Fotos Enxeñosas relacionadas coa nosa Galiza.
1º Premio: CHEQUE de 40 €, para gastar nunha libraría de Lalín, e Diploma:
“Fonte Natural”: Martín Vázquez, 3ºC
2º Premio: CHEQUE de 30 €, para gastar nunha libraría de Lalín, e Diploma:
“O can da cancela”: David M. Utrera, 3ª D
3º Premio: CHEQUE de 20 €, para gastar nunha libraría de Lalín, e Diploma.
“Perigo, paso estreito”: Carla Riádigos, 3º B
CATEGORÍA B: para denunciar o Feísmo ou o Mal Feito (Desfeita).
1º Premio: CHEQUE de 40 €, para gastar nunha libraría de Lalín, e Diploma:
“A casa dos contrastes”: David M. Utrera, 3º D
2º Premio: CHEQUE de 30 €, para gastar nunha libraría de Lalín, e Diploma:
”Un Iglú en terras galegas”: Martín Vázquez, 3ºC
3º Premio: CHEQUE de 20 €, para gastar nunha libraría de Lalín, e Diploma:
“As dúas caras da moeda”: Diego Blanco Sanjurjo, 3º B

Noraboa aos premiados

15/2/08

DIA DOS TOXOS NAMORADOS


Ás veces dis de alguén "É un toxo", dicindo como que non é moi cariñoso precisamente.


O día dos namorados, a xente de 4º para sumar cartiños á excursión ofrecía Rosas, Craveis, Bombóns, etc., que o día sinalado ían entregando polas clases, para gustazo das persoas regaladas, e para chiste das que recibían ... a flor que máis rendiu: O TOXO

A verdade é que o toxo marelo é ben bonito...

E é complicado dicir "Querote"...

7/2/08

O concurso de fotografía, no forno

As fotografías presentadas ao Concurso de Fotografía xa están expostas nas paredes do IES Laxeiro. Agora só falta que o Xurado pase a revisalas e emita o seu veredicto. Neste curso foron menos os que se animaron, pero segue habendo suculentos premios. Ti, desde aquí, tamén podes valorar e asesorar. Nestes "collages" resumimos a aportación do alumnado.

24/1/08

Música galega para todos

Agora escoitar música galega xa é posible grazas á páxina web de Radio Blogaliza, onde poderás elixir o grupo galego que máis che guste para así escoitalo á vez que os demais galegos tamén escoitan a túa petición.

Para isto só debes descargar un reprodutor de música que non sexa o de Windows, logo entras na páxina web, e alí, pinchando en peticións, aparécenche unha gran variedade de grupos galegos.
Escolle o teu preferido, marca unha canción e poderás escoitar a túa canción cando sexa o seu turno.

Tamén poderás ver noticias de Galicia, así como algunha reportaxe.
Anímate e entra na web, pasarás o tempo e descubrirás os grupos que temos aquí tan preto de nós.

Apoiando aos equipos galegos


O pasado 12 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas do IES Laxeiro achegáronse a Lugo para asistir ao partido de baloncesto da liga LEB Ouro entre o Leite Río Breogán de Lugo e o Beirasar Rosalía de Santiago.


X. M García

23/1/08

EMPEZA O COCIDO, MOTORES EN MARCHA


















ENTREVISTA A UN MEMBRO DA ESCUDERÍA LALÍN-DEZA:

ALEJANDRO MOURE SILVA.

RELACIONADO COA ESCUDERÍA:

1. Desde que anos formas parte desta escudería?

A primeira vez que colaborei coa escudería Lalín-Deza foi no II Rali do Cocido, no ano 97, daquelas tiña 13 anos e era comisario de ruta. Naquel entón o Rali do Cocido era unha proba cativa dentro do campionato galego de ralis, pero hoxe en día é
unha das grandes referencias do campionato.

2. Cal é a túa labor dentro dela?
Pois na escudería estamos un grupo de xente que traballa todo o ano para conseguir levar a cabo o rali, non só o do Cocido, xa que colaboramos con outras organizacións que logo nos axudan a nós.
Ó ser un grupo dividimos as tarefas. Por exemplo eu este ano fun o encargado de confeccionar o Rutómetro xunto cos membros que levamos a seguridade. Aparte o día do rali irei na caravana de “Seguridade Adxunta”, vixiando que todos os cruces estén ben pechados, que a xente se coloque ben é en lugares seguros…

3. Cales son os novos proxectos desta escudería?
O principal é manter o coeficiente 8 que un ano máis nos foi otorgado, que é o máximo. Os últimos anos o Rali de Narón e Cocido son sempre os mellores.
Proxectos temos varios en mente, o principal é facer un circuito, aínda que tamén nos gustaría chegar a organizar un rali do campeonato de España, ainda que resulta complicado

AFECCIÓNS:

4. Cal é o momento en que comezas a sentir afección cara o relacionado co motor?
A primeira vez que fun a un rali tiña 5 anos e pensaba que ia ver pasar coches de fórmula-1, cando vin que eran coches normais levei unha decepción, á parte de que facían un ruído enxordecedor e case que lles tiña medo. Foi un rali de Ourense e levoume o meu tío, que sempre foi un gran afeccionado. De ter medo a ver pasar coches de rali empezoume a gustar e así, pouco a pouco, fóiseme metendo o “gusanillo”.

5. Á parte do motor, cales son as túas outras afeccións?
En xeral gústame todo o deporte, pero o fútbol é o que máis.

6. Practicas algúns deportes?
O fútbol, estou no S.D. Rodeiro en segunda autonómica.

6.b Polo que teño entendido gustaríache ser piloto de ralis, é isto certo?
A verdade é que non me disgustaría, aínda que non me saca o sono.

7. Hai alguen ou algo que cho impida?
Non. Tampoco é que o buscase nunca, á parte de que teño moito a que dedicarme e pouco tempo.

8. A que te dedicas actualmente?
Estou estudando enxeñería técnica electrónica. Quen sabe, ó mellor nuns anos estou metido nun equipo de ralis programándolle as centralitas electrónicas ós coches.

RELACIONADO CO RALI DO COCIDO:

9. Cando se celebrará este ano?
O 29 de febreiro serán as verificacións e o 1 de marzo será a competición propiamente dita.

10. Cando será a exhibición ?
En principio será 15 dias antes do rali, o 16 de febreiro.

11. En qué lugar?
Nun recinto amplo, con máxima seguridade, haberá gradas para que se coloquen os afeccionados. Será un circuito e virán grandes pilotos que nos deleitarán ca súa conducción. Quizais no Poligono Lalín 2000 debido a que hai amplos espazos.

12. Cales son os patrocinadores deste rali?
Moitos, sen os cales sería imposible levalo a cabo. Un ano máis o centro Comercial e de Ocio Haley será o principal, o Concello de Lalín, a Deputación de Pontevedra, os Concellos polos que transcurre a proba e multitude de empresas.

13. Cantos corredores participan?
Serán como máximo 150, pero calculo que sobre 130 como os últimos anos.

14. Vai haber "algo" especial?
Esperamos dar algunha sorpresa, de feito adiantamos a proba para primeiros de marzo para que viñensen pilotos que se centran no campeonato de España, e veñan a Lalín probar as súas monturas polo que gañaríamos en espectáculo xa que son pilotos rapidísimos con grandes medios para competir.

15. De onde veñen?
A maior parte de Galicia, aínda que non descartamos algun de comunidades limítrofes como Asturias ou do país veciño como xa viñeron en edicións pasadas.

16. Que custo ten este rally?
Hai anos custaba uns 30.000 €, e agora andarase sobre os 100.000 de gastos. Esta suba é debida ó custe
do seguro da proba, aluguer de equipos de cronometraxe, pesaxe, aluguer de vallas, premios….

Unha reportaxe de Lorena Moure

17/1/08

Deportes: Liga de Futbol Sala.

Xornada 17 Xaneiro. Pásase ata dentro de 15 días, pola Gala do Cocido

Vide a animar aos vosos equipos, e pasade un rato !

Hora

Xogan

Arbitran

Pista

16:00

CHACARITAS

KILLERS

Goma

OS ROCHADOS

16:00

BULLS FS

PANCHOLOS
Cemento
INTOCABLES

16:45

CRACKS

BULLS

Goma

PANCHOLOS

16:45

KILLERS F. S.

PANCHOLOS

Cemento

CATÁSTROFES