29/11/07

MAGOSTO

Magosto no Laxeiro
O mércores 28 de novembro celebrouse nas dúas últimas horas unha venta de castañas e bombóns no patio, acompañada dunha actuación da xa famosa charanga "E Veña Viño " do IES Laxeiro, que segue co mesmo repertorio de sempre, pero é que ós pobres no lles dá a cabeza para máis. Cómpre dicir que non foron moitas as ventas, pero aínda así o ambiente de alegría víase (e escoitábase) dende lonxe. Como exemplo disto temos un comentario dun amigo meu que me dixo pola tarde: "Escoitábasevos dende o parking Europa". E que iría facer el alí?
Ben, as vendas non foron moi elevadas, pero o importante foi que o pasamos todos moi ben (e ademais perdemos clase). Como pon arriba, o repertorio da charanga foi o mesmo de sempre "se e que non teñen tempo para facer imnovacións). Pero de seguro que nas próximas actuacións nos van deleitar cun novo e mellorado.
Un saúdo para tod@s!!!!


Esta foto é da boina que tiñan os da charanga para que
a xente botara o soldo do mes. Vaia cara que teñen!

No hay comentarios: