24/1/08

Música galega para todos

Agora escoitar música galega xa é posible grazas á páxina web de Radio Blogaliza, onde poderás elixir o grupo galego que máis che guste para así escoitalo á vez que os demais galegos tamén escoitan a túa petición.

Para isto só debes descargar un reprodutor de música que non sexa o de Windows, logo entras na páxina web, e alí, pinchando en peticións, aparécenche unha gran variedade de grupos galegos.
Escolle o teu preferido, marca unha canción e poderás escoitar a túa canción cando sexa o seu turno.

Tamén poderás ver noticias de Galicia, así como algunha reportaxe.
Anímate e entra na web, pasarás o tempo e descubrirás os grupos que temos aquí tan preto de nós.

2 comentarios:

Lapis-vermello dijo...

Pois está moi ben, é unha idea xenial.

rodicio dijo...

graciñas, Ana, tamén moi bó o teu blog.

E xa sabes, agardamos un pequeno artigo teu cando queiras, que es das nosas