26/12/07

¿QUEDAMOS PARA UN PARKOUR?

Estamos na onda dun novo xeito de enfrontarse á cidade, de trazar a ruta que che de a gaña, de saltar os obstáculos, de mover o corpo, de facelo chulo...

Empezou antes en Francia, Brasil :), Portugal, Vigo..., para moverse por entornos máis ou menos urbanos .

Tamén o practican mozas, pero parece que os mozos son os que máis fardan.

Aqui empeza con forza! Esto é o Parkour (ou Free running) 2007!

----------------------------------------->

Imaxe sacada de http://www.s-x-3.org/, páxina Búlgara de parkour

Ocúrreseme pensar:

-Os espazos de xogo para a xente moza, cambiáronse por cemento ¿Como cambiou Lalín en espazos de xogo dende hai 20 anos? Hai lugares específicamente delimitados para xogar, non te podes saír de aí. Os rapaces máis pequenos (5-10 anos) só poden xogar no parque, ou no ciberespazo. ¿Onde xogaban os seus pais? Xa non se xuntan as pandillas para “ir por aí”. A xente xúntase onde lle mandan, onde lles cobran, onde lles marcan. ¿Por eso a mocidade reaccionou e fai botellón, o único xeito de ir a onde lle presta, charlar coa súa xente, coa súa música...?

E eso pasa en todas as cidades e vilas o o mundo mundial. Aqui tamén

-Todos estas novas actividades deportivas veñen con nomes en inglés, en francés... ¿Poderiamos traducilas, ou hai que afacerse ao inglés?

-Para todo nesta vida: Hai que practicar, entrenar, disfrutalo e divertirse en boa compaña. Logo pódese ver, cando xa non poidas dar saltos tan grandes, non?


14/12/07

XOVES DE LIGA

Aquí tedes os resultados do :Xoves día 13 de decembro.

-

Os Catástrofes

0

Sanders

6

Bulls FS

7

Killers FS

4

Antiprofes

3

Os outros

0

Os Chacaritas

13

Os Intocables

2



  1. Campeóns de Inverno: Os Antiprofes

1/12/07

Novas akachareladoras

Xa estaban no consello de redacción pero agora vanse facer cargo, tamén, de administrar o blog. Son:
Lorena Moure Silva e Fátima Mosteiro Meijide (de 4ºESO B),
que se engaden aos xa habituais:
Alba Cuñarro López, Alex Domínguez Lamela e Paula Taboada Troitiño (todos de 4º ESO A),
xunto co "mister espectáculo":
Carlos Villardefrancos Toimil (4ºESO A)

29/11/07

MAGOSTO

Magosto no Laxeiro
O mércores 28 de novembro celebrouse nas dúas últimas horas unha venta de castañas e bombóns no patio, acompañada dunha actuación da xa famosa charanga "E Veña Viño " do IES Laxeiro, que segue co mesmo repertorio de sempre, pero é que ós pobres no lles dá a cabeza para máis. Cómpre dicir que non foron moitas as ventas, pero aínda así o ambiente de alegría víase (e escoitábase) dende lonxe. Como exemplo disto temos un comentario dun amigo meu que me dixo pola tarde: "Escoitábasevos dende o parking Europa". E que iría facer el alí?
Ben, as vendas non foron moi elevadas, pero o importante foi que o pasamos todos moi ben (e ademais perdemos clase). Como pon arriba, o repertorio da charanga foi o mesmo de sempre "se e que non teñen tempo para facer imnovacións). Pero de seguro que nas próximas actuacións nos van deleitar cun novo e mellorado.
Un saúdo para tod@s!!!!


Esta foto é da boina que tiñan os da charanga para que
a xente botara o soldo do mes. Vaia cara que teñen!

23/11/07

EXCURSIÓN A FUNDACIÓN CAMILO JOSE CELA


Fundación Camilo José Cela
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO realizaron unha excursión á Fundación Camilo Jose Cela en Iria Flavia, Padrón. Primeiro fixeron unha visita á Fundación Cela e logo ao Museo do Tren, na honra do avó do escritor. Na primeira chamaban a atención as sedas xaponesas con debuxos que, por definilos dalgún xeito, "eran para maiores de 18 anos", por erótico-pornográficos. Do éxito que tiveron dá conta unha das fotos, e se non me credes preguntade aos alumnos que foron a excursión!

16/11/07

NOVA XORNADA DE LIGA

LIGA LAXEIRO
Onte, 15 de novembro, celebráronse varios partidos:
-Craks vs Killers F: 4-6
-Os Intocables vs Os Outros: 3-4
-Bulls F.S vs Chacaritas: 4-9
-Sanders F.C vs Os Rochados: 5-4
COMENTARIO:
Bulls F.S vs Chacaritas.
Para comezar dicir que un partido non se pode arbitrar dende cerca da esquina de córner e non se mover do sitio, arbitrando por ciencia infusa. Aínda que o pichichi dos Bulls (Blanquiño) estivese lesionado, conseguiron aguantar a primeira metade, pero na segunda xa se comezou a notar o cansazo. Moitos dos goles na porta dos Bulls debéronse a que o porteiro se encontraba só e no ataque dos Chacaritas subían de 3 en 3.

9/11/07

KACHARELA CIENTÏFICA

Nova Kacharela Científica.

Esta nova Kacharela está creada por petición de algunhas persoas ( Juanjo,Xose López, Jose Manuel poza, Sebas García ...).
Foi creada para expoñer cuestións, artigos, curiosidades e outras moitas cousas relacionadas coa ciencia e derivados.
Esperamos que teña tanta participacón como a orixinal.
En breve sacaremos outras seccións.

Aqui tedes a páxina: kacharela cientifica

LIGA LAXEIRO


LIGA DO LAXEIRO:
Onte xoves 8 de novembro disputáronse os seguintes partidos:
- Jozofellos vs Os Outros: 5-8
-Os Pancholos vs Os Rochados: 12-3
-Craks vs Os Intocables: 5-8
-Antiprofes vs Sanders F.C: 10-0

8/11/07

EXCURSION FIN DE CURSO

Todas as persoas interesadas en colaborar con esta excursión poderán facelo de diversas formas. Ao longo do curso irémolas poñendo aquí. Por exemplo:
-Doando cartos directamente aos alumnos de cuarto
-doando cartuchos de tinta usados
Grazas pola vosa colaboración!

6/11/07

ESCOLA DE GAITAS



Concerto de Horacio Cabezas, profesor da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra
O
pasado día 16 de outubro realizouse no salón de actos do Laxeiro un interesante concerto de variados instrumentos folk : frautas, tambores, gaita electrica, culleres...
Espero que disfrutarades todos os profesores e alumnos que asististes a el. Para os que non foron, aqui tedes unhas fotos.

Mini Biblioteca


Que Ambientazo!!!

N
on sei se teredes a mesma impresión ca min pero creo que
isto queda un pouco pequeno...
No inverno non está mal porque xa se sabe, cando hai roze non
hai frío.
Eu non sei a que se debe esta situación, pero eu supoño ( e non
creo que me engane moito ) que se debe a que os alumnos
non fan os deberes na casa e nos recreos éntralles a présa.
Non o credes así?
A
traballar máis na casa rapaces que senón non collemos todos!!

30/10/07

Bota unha mao


Colaboracións
Interesados en colaborar co blog (cun traballo,unha entrevista,unha noticia...) que se poñan en contacto cos administradores: "Heladero", Alba e Paula (4º ESO A)

moitas grazas pola túa colaboración!!

26/10/07

COMEZA A LIGA NO LAXEIRO






Por fin comeza!!!

O xoves 25 de outubro disputouse o primeiro partido de liga entre
os Antiprofes e os Bulls FS co resultado final 6-3 a favor dos Antiprofes.
Este partido comezou cun golazo dos Bulls no primeiro minuto de xogo, ós
cinco minutos de partido gañaban cero a dous. O equipo comezou a súa caída
despois do catro a tres, que seguiu en aumento para os Antiprofes.
Tamén o hai que dicir: foi un bo partido e estivo moi reñido.

O segundo encontro disputouse entre Os Catástrofes e Os Chacaritas, rematando cun
resultado de 17 a 3, vitoria dos Chacaritas.
Este partido non o vou comentar porque non o vin. Chegará con algunhas fotos dos fenómenos.

Un Saúdo A Tod@s!!!


EXCURSION AO GROVE


Excursión ó grove

O día 15 do mes de outubro os alumnos e alumnas de 2º de ESO realizaron unha excursión ó Grove.

Nela visitaron un acuario e realizaron unha viaxe en catamarán. Seguramente o pasaron de marabilla, pero se non me credes aquí tedes algunhas fotos do acontecemento.

25/10/07

INICIO

Ola rapaz@s!!!

Neste curso modernizámonos,
temos páxina web no canto da revista de sempre.

Así que en lugar do misto para queimala, este ano teredes que usar
un virus algo potente.

Tamén, se queredes (obrigatorio) doar cartos para a excursión
de fin de curso de 4º non hai o máis mínimo problema.

Un saudo a tod@s!!!


24/10/07

os akachareladores

Administrador@s:
Alba Cuñarro López (4º ESO A, O Sixto-Dozón)
Alex Domínguez Lamela (4º ESO A, Lalín)
Paula Taboada Troitiño (4º ESO A, Vilatuxe)
Consello de Redacción:
Vanesa Blanco Pájaro (4ºESO C, Noceda)
Diana Pereira Fernández (4ºESO C, Lalín)
Alejandro Campos Lareo (4ºESO C, Carbia)
Francisco Xosé Varela Areán (4º ESO C, Sixto de Anzo)
Alejandro Alló Iglesias (4ºESO C, Lalín)
Carlos Villardefrancos Toimil (4ºESO A, Vilatuxe)
Lorena Moure Silva (4ºESO B, O Sixto-Dozón)
Fátima Mosteiro Meijide (4ºESO B, Orre-Agolada )

23/10/07

Equipo de normalización


Estamos de probas, rapaz@s
así que
a sufrir
que estaba Karwia

se todo son atrancos

algún desatrancador que desatranque haberá

ou que?

E lojo non??

E lojo si??