26/12/07

¿QUEDAMOS PARA UN PARKOUR?

Estamos na onda dun novo xeito de enfrontarse á cidade, de trazar a ruta que che de a gaña, de saltar os obstáculos, de mover o corpo, de facelo chulo...

Empezou antes en Francia, Brasil :), Portugal, Vigo..., para moverse por entornos máis ou menos urbanos .

Tamén o practican mozas, pero parece que os mozos son os que máis fardan.

Aqui empeza con forza! Esto é o Parkour (ou Free running) 2007!

----------------------------------------->

Imaxe sacada de http://www.s-x-3.org/, páxina Búlgara de parkour

Ocúrreseme pensar:

-Os espazos de xogo para a xente moza, cambiáronse por cemento ¿Como cambiou Lalín en espazos de xogo dende hai 20 anos? Hai lugares específicamente delimitados para xogar, non te podes saír de aí. Os rapaces máis pequenos (5-10 anos) só poden xogar no parque, ou no ciberespazo. ¿Onde xogaban os seus pais? Xa non se xuntan as pandillas para “ir por aí”. A xente xúntase onde lle mandan, onde lles cobran, onde lles marcan. ¿Por eso a mocidade reaccionou e fai botellón, o único xeito de ir a onde lle presta, charlar coa súa xente, coa súa música...?

E eso pasa en todas as cidades e vilas o o mundo mundial. Aqui tamén

-Todos estas novas actividades deportivas veñen con nomes en inglés, en francés... ¿Poderiamos traducilas, ou hai que afacerse ao inglés?

-Para todo nesta vida: Hai que practicar, entrenar, disfrutalo e divertirse en boa compaña. Logo pódese ver, cando xa non poidas dar saltos tan grandes, non?


14/12/07

XOVES DE LIGA

Aquí tedes os resultados do :Xoves día 13 de decembro.

-

Os Catástrofes

0

Sanders

6

Bulls FS

7

Killers FS

4

Antiprofes

3

Os outros

0

Os Chacaritas

13

Os Intocables

2



  1. Campeóns de Inverno: Os Antiprofes

1/12/07

Novas akachareladoras

Xa estaban no consello de redacción pero agora vanse facer cargo, tamén, de administrar o blog. Son:
Lorena Moure Silva e Fátima Mosteiro Meijide (de 4ºESO B),
que se engaden aos xa habituais:
Alba Cuñarro López, Alex Domínguez Lamela e Paula Taboada Troitiño (todos de 4º ESO A),
xunto co "mister espectáculo":
Carlos Villardefrancos Toimil (4ºESO A)