30/5/08

Gozada de Festival!!!!!!

O venres 30 de maio do 2008 será recordado nos anais do IES laxeiro como o día no que se celebrou o I Festival das Letras Galegas-Fin de curso.Cun "ambientaso" colosal, cunha implicación como poucas veces se ten visto por parte de todos, cunha montaxe que deu o seu traballo (pero que compensou amplamente as penalidades) e cun resultado do que gozou todo o mundo, o Festival parece ter o futuro asegurado. A hora e media que se lle dedicou foi intensa, quedou escasa. Aínda chovendo, todos tiñan ganas de máis (incluso os que estaban de pé). Pois apuntarse para o vindeiro curso, home!!
Pero como calquera imaxe serve mellor que centos de palabras, aí vos vai unha pequena mostra. Noraboa a todos, especialmente aos que actuaron, con Alba Vázquez de grande triunfadora polos moitos aplausos colleitados e o "bis" final.
PREMIOS:
categoría A: individual e parella:
1º.-Alba Vázquez (2º ESO B) (Cunha versión ao galego de "El sol no regresa")
2º.-Pedro A. Agostini (3º ESO A) (Con 5 solos de guitarra eléctrica)
3º.-Laura Viana (1º ESO A) (Cunha versión de "CAl y Arena" de Merche)
categoría B: grupo de máis de dous:
1º.-Os do Parkour (Acrobacia urbana)
2º.-Tomá-tomá-tomá (concurso parodia sobre músicas tradicionais)
3º.-Os Cantamañás (cancións folk)Alba Vázquez puxo en pé ao público coa súa actuación.
As presentadoras: simplemente perfectas.
Laura Viana encandilou totalmente ao público coa súa fermosa voz.
Cantamañás: coa mellor tradición folk, levaron un premio.
Non podía faltar o baile. E non o fixeron nada mal!
Tomá-tomá-tomá, ou o que é o mesmo: "showman Carliños e tropa" facendo das súas.
Os do Parkour foron a grande sorpresa do festival!Os profes tamén lle deron, ai logo!

28/5/08

Xosé Miranda e outras aventuras

A actividade extraescolar de Normalización Lingüística O ESCRITOR NO SEU CONTORNO, dedicada este curso ao narrador lucense Xosé Miranda, tivo a súa culminación (pois antes leramos a súa obra) na visita á cidade das murallas o luns 26 de maio. Contando coa experiencia e sabiduría do autor de Morning Star, que exerceu de cicerone, visitamos o Museo provincial, percorremos a Muralla Romana, e escoitamos de primeira mao esa mestura de realidade e ficción que amosa nas súas novelas. Foi unha mañá, digámolo así, plena.Pero a tarde non quedou atrás. Iso si, sempre acompañados da choiva, como se quixese deixar en nós unha fonda pegada. E vaia se a deixou. As imaxes falan soas.Castro de Viladonga: vídeo, museo e percorrido pola coroa do castro sen deixar de caer auga.O Cebreiro: pallozas, igrexa e poboado prerromano, sempre chovendo sobre mollando.Camiño de Santiago: cando entre Renche e o mosteiro de Samos parecía que escampaba, botárona a baldes. Pero nin sequera "os elementos" foron quen de escorrentar a esta tropa de aventureiros pouco preparados (todo hai que dicilo) para o bulleiro.
En fin, que foi unha magnífica xornada de aprendizaxe.

21/5/08

Éxito en You Tube: Chiqui Resaicling

Xa fai furor en You Tube o último, que non derradeiro, éxito do alumnado do IES Laxeiro: Chiqui Resaicling. Participando no Infofala (concurso de Normalización Lingüística do Deza no que están a participar), o grupo de rapeiros formado por Iolanda, Alex, Carlos, Serxio, Adán e Poza coa cámara, todos eles de 4º ESO, fan unha proposta rachadora e moi ecolóxica. Podes velo nesta páxina: http://es.youtube.com/watch?v=MZ9EL6lsSKQ