24/1/08

Música galega para todos

Agora escoitar música galega xa é posible grazas á páxina web de Radio Blogaliza, onde poderás elixir o grupo galego que máis che guste para así escoitalo á vez que os demais galegos tamén escoitan a túa petición.

Para isto só debes descargar un reprodutor de música que non sexa o de Windows, logo entras na páxina web, e alí, pinchando en peticións, aparécenche unha gran variedade de grupos galegos.
Escolle o teu preferido, marca unha canción e poderás escoitar a túa canción cando sexa o seu turno.

Tamén poderás ver noticias de Galicia, así como algunha reportaxe.
Anímate e entra na web, pasarás o tempo e descubrirás os grupos que temos aquí tan preto de nós.

Apoiando aos equipos galegos


O pasado 12 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas do IES Laxeiro achegáronse a Lugo para asistir ao partido de baloncesto da liga LEB Ouro entre o Leite Río Breogán de Lugo e o Beirasar Rosalía de Santiago.


X. M García

23/1/08

EMPEZA O COCIDO, MOTORES EN MARCHA


















ENTREVISTA A UN MEMBRO DA ESCUDERÍA LALÍN-DEZA:

ALEJANDRO MOURE SILVA.

RELACIONADO COA ESCUDERÍA:

1. Desde que anos formas parte desta escudería?

A primeira vez que colaborei coa escudería Lalín-Deza foi no II Rali do Cocido, no ano 97, daquelas tiña 13 anos e era comisario de ruta. Naquel entón o Rali do Cocido era unha proba cativa dentro do campionato galego de ralis, pero hoxe en día é
unha das grandes referencias do campionato.

2. Cal é a túa labor dentro dela?
Pois na escudería estamos un grupo de xente que traballa todo o ano para conseguir levar a cabo o rali, non só o do Cocido, xa que colaboramos con outras organizacións que logo nos axudan a nós.
Ó ser un grupo dividimos as tarefas. Por exemplo eu este ano fun o encargado de confeccionar o Rutómetro xunto cos membros que levamos a seguridade. Aparte o día do rali irei na caravana de “Seguridade Adxunta”, vixiando que todos os cruces estén ben pechados, que a xente se coloque ben é en lugares seguros…

3. Cales son os novos proxectos desta escudería?
O principal é manter o coeficiente 8 que un ano máis nos foi otorgado, que é o máximo. Os últimos anos o Rali de Narón e Cocido son sempre os mellores.
Proxectos temos varios en mente, o principal é facer un circuito, aínda que tamén nos gustaría chegar a organizar un rali do campeonato de España, ainda que resulta complicado

AFECCIÓNS:

4. Cal é o momento en que comezas a sentir afección cara o relacionado co motor?
A primeira vez que fun a un rali tiña 5 anos e pensaba que ia ver pasar coches de fórmula-1, cando vin que eran coches normais levei unha decepción, á parte de que facían un ruído enxordecedor e case que lles tiña medo. Foi un rali de Ourense e levoume o meu tío, que sempre foi un gran afeccionado. De ter medo a ver pasar coches de rali empezoume a gustar e así, pouco a pouco, fóiseme metendo o “gusanillo”.

5. Á parte do motor, cales son as túas outras afeccións?
En xeral gústame todo o deporte, pero o fútbol é o que máis.

6. Practicas algúns deportes?
O fútbol, estou no S.D. Rodeiro en segunda autonómica.

6.b Polo que teño entendido gustaríache ser piloto de ralis, é isto certo?
A verdade é que non me disgustaría, aínda que non me saca o sono.

7. Hai alguen ou algo que cho impida?
Non. Tampoco é que o buscase nunca, á parte de que teño moito a que dedicarme e pouco tempo.

8. A que te dedicas actualmente?
Estou estudando enxeñería técnica electrónica. Quen sabe, ó mellor nuns anos estou metido nun equipo de ralis programándolle as centralitas electrónicas ós coches.

RELACIONADO CO RALI DO COCIDO:

9. Cando se celebrará este ano?
O 29 de febreiro serán as verificacións e o 1 de marzo será a competición propiamente dita.

10. Cando será a exhibición ?
En principio será 15 dias antes do rali, o 16 de febreiro.

11. En qué lugar?
Nun recinto amplo, con máxima seguridade, haberá gradas para que se coloquen os afeccionados. Será un circuito e virán grandes pilotos que nos deleitarán ca súa conducción. Quizais no Poligono Lalín 2000 debido a que hai amplos espazos.

12. Cales son os patrocinadores deste rali?
Moitos, sen os cales sería imposible levalo a cabo. Un ano máis o centro Comercial e de Ocio Haley será o principal, o Concello de Lalín, a Deputación de Pontevedra, os Concellos polos que transcurre a proba e multitude de empresas.

13. Cantos corredores participan?
Serán como máximo 150, pero calculo que sobre 130 como os últimos anos.

14. Vai haber "algo" especial?
Esperamos dar algunha sorpresa, de feito adiantamos a proba para primeiros de marzo para que viñensen pilotos que se centran no campeonato de España, e veñan a Lalín probar as súas monturas polo que gañaríamos en espectáculo xa que son pilotos rapidísimos con grandes medios para competir.

15. De onde veñen?
A maior parte de Galicia, aínda que non descartamos algun de comunidades limítrofes como Asturias ou do país veciño como xa viñeron en edicións pasadas.

16. Que custo ten este rally?
Hai anos custaba uns 30.000 €, e agora andarase sobre os 100.000 de gastos. Esta suba é debida ó custe
do seguro da proba, aluguer de equipos de cronometraxe, pesaxe, aluguer de vallas, premios….

Unha reportaxe de Lorena Moure

17/1/08

Deportes: Liga de Futbol Sala.

Xornada 17 Xaneiro. Pásase ata dentro de 15 días, pola Gala do Cocido

Vide a animar aos vosos equipos, e pasade un rato !

Hora

Xogan

Arbitran

Pista

16:00

CHACARITAS

KILLERS

Goma

OS ROCHADOS

16:00

BULLS FS

PANCHOLOS
Cemento
INTOCABLES

16:45

CRACKS

BULLS

Goma

PANCHOLOS

16:45

KILLERS F. S.

PANCHOLOS

Cemento

CATÁSTROFES